TRABALLO ACADÉMICO SOBRE A ODISEA E OS SEUS DIFERENTES CONTIDOS TEMÁTICOS ( HEROES, HEROÍNAS, DEUSES,DEUSAS, CONTEXTO HISTÓRICO-CULTURAL).
N.B.: Seguide as pautas para elaborar un traballo académico expositivo de diapositivas, seguindo o esquema xa estudado e traballado e que aparece no blogue con unha entrada denominada como traballo académico.
CONTIDOS A DESENVOLVER:
Escollede só unha temática e desenvólvedea en varias diapositivas. Mínimo: dez.
1.- RELIXIÓN, HISTORIA, HEORES-HEROÍNAS LITERARIOS: Odiseo e a baixada ao Reino dos mortos: Diapositivas explicando por orde de aparición os heroes-heroínas, deuses e deusas que encontra Ulises no descenso ao Hades.
Introducide algún texto literario da Odisea que faga alusión a estes personaxes.
Tentade explicar quen son, que función teñen, simbolizan etc? Aparecen noutras obras de literatura?
Contextualizade antes que é o Hades e que fai Ulises para entrar nel?
Páxinas 54-59 da versión de Rosemary Sutcliff
2.- HISTORIA-ARTE- CULTURA: Costumes gregas: Reino dos Feacios e Ítaca: Deportes que practican, danzas, música, literatura, banquetes, sacrificios...Tentade mencionalas por orde de aparición.
Páxinas 85-124 da versión de Rosemary Sutcliff
3.- RELIXIÓN -SOCIEDADE- LITERATURA- A MULLER NA SOCIEDADE GREGA: Tipos de muller na Odisea: Quen son, que función teñen, que representan? Que roles representan?.
Estudádeas desde o punto de vista da tradición patriarcal na sociedade na que están inmersas.
PRAZO DE ENTREGA FINAL: 18 DE DECEMBRO
PRAZO DE ENTREGA DA PRIMEIRA FASE: 15 DE DECEMBRO
METODOLOXÍA DE TRABALLO: EN GRUPO- MÁXIMO 3- OU INDIVIDUAL.
Bibliografía: http://laodiseahomerocuartoeconomia.blogspot.com.es/2013/04/personajes-femeninos-de-la-odisea.html
https://sites.google.com/view/encerradas-mujeresyliteratura/p%C3%A1gina-principal
No hay comentarios:
Publicar un comentario